Comarcas

O curso que ven poderás estudar Psicoloxía na aula da UNED de Tui

O Alcalde de Tui anunciou que a Aula da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Tui impartirá a partires do vindeiro curso 2012-2013 o grado en Psicoloxía, incrementando deste xeito a oferta formativa deste centro universitario. O anuncio, feito no decurso do acto académico de clausura do curso 2011-2012.- Segundo o rexedor tudense para adoptar esta decisión tívose en consideración que estes estudos son os máis demandados entres os alumnos matriculados da zona de Tui e a súa bisbarra.

Con esta decisión no vindeiro curso 2012-2013 na Aula UNED de Tui se impartirá o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 e de 45 anos e o primeiro curso do grado en Psicoloxía.

Completará a oferta formativa deste centro universitario outros curso como os da UNED Senior e as actividades de extensión universitaria que ao longo do ano académico promoven diversas accións formativas a través de talleres e cursiños.

A Aula da Uned de Tui tense consolidado con este segundo curso de funcionamento que ven de rematar como unha referencia para a formación universitaria da Tui e a súa bisbarra. Se no primeiro curso foron case 70 os alumnos matriculados, neste curso 2011-2012 houbo un importante incremento chegando ata os 100 alumnos no curso de acceso e ata 120 alumnos nas diversas accións formativas desenvolvidas ao longo deste curso escolar.

 

También te puede interesar