RGPD - Cookies
Vigo al día

Matrimonio igualitario, lema dos Actos do Orgullo Lésbico, Gay, Transexual e Bisexual deste ano

A reivindicación do respeto ao matrimonio igualitario será a novidade e o tema central dos actos do Orgullo Lesbico, Gay, Transexual e Bisexual que se celebra esta semán en Vigo. Segundo salientou Elisabet Pérez, representante da Asociación Nos Mesmas, a reforma plantexada xa polo Goberno en diferentes ámbitos legais e educativos suporá unha marcha atrás nos lexítimos dereitos adquiridos polos cidadans homesexuais, empezando polo matriminio. “Que se chame así e que esté recoñecido como tal é froito dunha reforma do Código Civil que recoñece os mesmos dereitos e obligacións ás unións legais de persoas do mesmo sexo e de diferente sexo, polo cal, cambiarlle a denominación, como pretende o Goberno, suporá unha merma nos nosos dereitos”.

Elisabet sinala entre eses recortes aos que atinguen as pensións ou ás adopcións,sen esquecer o efecto a nivel de rúa, no que quedará fixada a postura da Igrexa de que o único matrimonio válido coma tal é entre un home e unha muller, e impedindo que teña a misma consideración o que é entre dúas mulleres ou dous homes”.

Os actos tamén centraranse nos recortes en materia educativa, coa supresión da asignatura de Ciudadanía, “que sustituirase por outra na que, coma xa adiantou o ministro Wert, non se fará mención á igualdade de dereitos no que atingue as tendencias sexuais”, e no ámbito sanitario coa retirada de axudas aos afectados polo VIH-SIDA”.

En opinión de Nos Mesmas, Vigo é, no que se refire á igualdade, “unha das ciudades máis abertas de Galicia, que é un país eminente mente rural”, no que aínda segue a falarse de “tolerancia, que é unha maneira de limitar esa igualdade”.

Sobre o programa, que será presentado este mércores, día 20 en rolda de prensa, o mesmo abrangue desde ese mesmo día, coa presentación aos medios de comunicación dos Actos Orgullo LGTB 2012. As  18:00 h.- Proxección curtos «Educar na Diversidade», ata o día 27, con pases ás 18, 19 e 20h. na  Casa da Muller

Venres 22:.- 8 e media da tarde.- Quedada e cea, na Praza da Constitución, como previa á ‘Festa Diversa’ que, que empezará ás 12 e media da noite, com música, agasallos e sorteos, na sala Mogambo, na rúa Churruca, e entrada a 2 €.

Sábado 23.- 6 da tarde.-  Manifestación baixo o lema «Matrimonio Igualitario. Igualdade sen recortes», saída do cruce de Colón con Urzaiz ata a Praza da Constitución, os organizadores piden aos asistentes que leven a súa bandeira para “colorear o centro de Vigo. Ás 7, Festa Tortillera, na Praza da Consitución, tapa de tortilla e boa música.

Martes 26.- 4 da tarde, ‘Obradoiro Danza-Clown’, na rúa Ruiseñor, 16, preto da zona peonil do Calvario ( previa inscripción por correo).

Xoves 28.- 6 da tarde,  Palestra: «A LGTBfobia na Galiza e no mundo. Perpectiva actual.» , conferencia, charla, coloquio na que participan Antonio Alonso, Coordinador Amnistia Internacional, Vigo e Laura Guisante, militante Briga.

Antes de isto, haberá un Video-forum «El celuloide oculto», o xoves, día 17 ás 6 da tarde no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central) organizado pola Rede Veciñal de mulleres contra os malos tratos; Palestra nas xornadas «Que hai de novo nos feminismos?» venres 22, dende ás 5 da tarde, organizada por Emma Casal da Universidade de Vigo; Club de Lectura CRF «A semellanza» de María Xosé Queizan, martes 27 ás 6 da tarde, no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central), organizado polo CRF e Implicadas no Desenvolvemento e  Palestra nas xornadas organizadas polo Centro Social «O Fresco», 29 ou 30 de xuño, no Centro Social de Ponteareas.

 

También te puede interesar