Deportes

Ruta de sendeirismo de ‘O Coto’ por Adro Vello, en O Grove

A Asociación Cultural ‘O Coto’, o único grupo de Vigo que ten unha programación estable de rutas de sendeirismo para familias e nenos, organiza este domingo (saída ás 11:00 h. desde o Colexio Público Carballal), da man do Grupo Andaina, una ruta por Adro Vello, en O Grove.

Adro Vello é un importante xacemento arqueolóxico que se atopa ao borde da praia de O Carreiro e nel hai, en capas superpostas,  restos dunha villa romana, unha necrópolis de inhumación (S. V-XVIII), a planta dunha igrexa visigótica (S. II), asi coma elementos dunha fortificación da Baixa Idade Media (posterior ao S. XII) feita como protección ante posibles agresores que chegasen por mar.

Será a arqueóloga Pilar Barciela, quen explique aos participantes os detalles sobre este xacemento nunha andaina que, na maior parte do seu recorrido transitará polo Espazo Natural «Complexo Ons-O Grove», que forma parte da Rede Natura 2000.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.