RGPD - Cookies
Galicia

Galicia é a quinta comunidade máis endebedada do Estado

A débeda de Galicia medrou un 19,5% interanual no primeiro trimestre deste 2012 situándose nos 7.381 millóns de euros, o 12,8% do Producto Interior Bruto (PIB), da comunidade, segundo datos difundidos este venres polo Banco de España. No conxunto do estado, a débeda das comunidades aumentou un 15,7%, ate os 145.118 millóns, o 13,5% do PIB.

En valores absolutos, Galicia é a quinta comunidade con máis débeda, superada por Cataluña, con 42.000 millóns, Valencia, 20.832 millóns, Madrid, 16.572 e Andalucía, 15.373 millóns de euros.

 

También te puede interesar