Vigo al minuto

O BNG esixe a Caballero que abra o Centro Galego de Fotografía

Domínguez visitando en 2009 los terrenos en los que iba a construirse el Centro Galego de Fotografía

O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, e a concelleira nacionalista Iolanda Veloso, anunciaron hoxe que no vindeiro pleno presentarán unha moción na que esixe ao Goberno de Abel Caballero a apertura «no prazo máis breve posible» do Centro Galego de Fotografía. Para o BNG vigués  o que acontece con estas instalacións culturais demostra a “paralización culturaldo Executivo da cidade no eido cultural, así como a súa incapacidade negociadora con outras administracións.

“Que o goberno local diga que non hai cartos para dotar ao Centro Galego de Fotografía amosa a total falta de planificación do goberno”, sinalou Domínguez, quen lembrou que xa se aprobaron os orzamentos municipais coa partida para dita infraestructura. “Levamos un ano reclamando o impulso deste centro e o goberno se entera agora de que non teñen recursos. Isto demostra a súa falta de interese”, destacou.

A moción do BNG instará ao goberno local a realizar as xestións oportunas co Ministerio de Cultura, a Xunta de Galiza e Deputación Provincial de Pontevedra para conseguir os recursos necesarios para o seu equipamento. Tamén pedirá ao Goberno local que presente antes de final de ano unha modificación orzamentaria para dotar ao Centro Galego de Fotografía, reducindo outras partidas como protocolo, publicidade e programas de alcaldía.

Domínguez fixo fincapé no traballo feito polo BNG -durante o bipartito co o PSOE do mandato anterior- para axilizar a posta en marcha desta nova dotación. “Deixámoslle todo feito, o edificio, o proxecto e as ideas para que o Centro Galego de Fotografía se poidera autofinanciar, algo que estamos plenamente convencidos de que é posible”, subliñou.

O proxecto xa elaborado contemplaba que este centro albergara os diferentes arquivos fotográficos, -como Pachego, Ksado e Llanos-, e a celebración de exposicións temporais, así como a posibilidade de realizar un máster fotográfico en colaboración coa Universidade de Vigo e de que os usuarios e usuarias poideran mercar láminas directamente. Incluía asemade unha sala de restauración e outra de obradoiros.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.