Vigo al minuto

Catro toneladas de lixo sen recoller logo do primeiro día de folga na limpeza da lonxa

A folga dos traballadores do servizo de limpeza da lonxa do Porto de Vigo, convocada nun principio para as 00:00 h. do luns e aprazada, logo de acadar un preacordo coa empresa, volveuse a convocar cando a concesionaria do mesmo decidise, segundo asegura o responsable da Federación de Servizos de UGT, botarse atrás na consolidación da cuarta paga dos 16 traballadores unha parte irrenuncicable na negociación do convenio colectivo, xunto coa implantación dunha nova categoría profesional, o punto de máximo desacorto entre as partes.

Nestas horas, sempre segundo o devandito sindicato, quedaron por recoller  unhas catro catro toneladas de lixo sen recoller que, en tendo en conta o que poida acumularse durante o martes, o mércores podería aumentar esa cantidade a 10 ou 12 toneladas de desperdicios.

Os representantes sindicais, que veñen de ser convocados pola empresa para unha nova rolda de negociacións este mesmo serán, denunciaron como abusivos os servizos mínimos decretados, que abranguen a un total de 11 dos 16 traballadores, polo cal, ademáis de presentar unha impugnación diante da Administración, anunciaron que non se cumplirán tal e como se indica, ainda que sí haberá catro empregados adicados ás laboras de limpeza mentres dure o conflicto.

 

 

También te puede interesar