RGPD - Cookies
Comarcas

Non ao abandono escolar en Mos

O Concello de Mos informou hoxe da concesión dunha subvención para o programa ‘AproveitaMos o Verán’, un proxecto dirixido á reducción do abandono escolar para o ano 2012.

‘AproveitaMos o Verán’ é un programa que pretende dar resposta ás necesidades educativas existentes entre os escolares do concello, que por unha ou outra razón, se encontran desmotivados fronte á actividade do estudo.

A iniciativa persegue a motivación cara á actividade do estudo e o uso axeitado das técnicas que permiten acadar o éxito académico. Os contidos do programa desenvolveranse en 15 sesións, do 12 de xuño ao 30 de agosto, tódolos martes e xoves, en horario de 10:00 a 11:30 horas.

As actividades desenvolveranse nas aulas do Auditorio Multiusos As Pozas e vain dirixidasao alumnado de 3º e 4º curso da etapa da Educación Secundaria Obrigatoria ou a aquel que curse algún Programa de Cualificación Profesional Inicial, e que este preferentemente empadroado na localidade.

O período de inscrición será do 18 ao 30 de xuño. Os interesados poderán formalizar a súa inscrición no rexistro do Concello ou a través do correo electrónico [email protected]. O número máximo de participantes por grupo será de 10 rapaces, e, en caso de contar con inscricións suficientes para formar outro grupo, este sería atendido os mesmos días en horario de 11:30 a 13:00 horas. O número mínimo de participantes será de 8 alumnos.

O Concello de Mos obtivo a financiación para a realización desta actividade, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que será totalmente gratuíta para os interesados.

También te puede interesar