Galicia

Curso de deseño gráfico nas Aulas CeMit de Vigo, A Cañiza e Ponteareas

As aulas CeMIT de Vigo, A Cañiza e Ponteareas acollerán a partir do vindeiro luns unha actividade sobre deseño gráfico, de 15 horas, na que se analizarán as ferramentas e técnicas máis empregadas nesta especialidade. Esta actividade forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).

Para o desenvolvemento desta actividade empregarase o sistema de videoconferencia e videocolaboración das aulas CeMIT o que permitirá desenvolver as actividades en formato presencial e telepresencial.

Nesta nova edición, o Programa de Dinamización conta ademais con outras actividades de 15 horas (sobre retoque fotográfico, community manager e streaming de audio e vídeo) e outras dúas máis amplas, de máis de 40 horas, sobre produción audiovisual e creación multimedia.

Os interesados poden informarse das datas de comezo de cada unha delas e reservar praza na aula CeMIT da súa localidade a través do 981 552 568 ou a  da web http://aulascemit.xunta.es/inscripcion.

A Rede CeMIT, está integrada por 98 aulas presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.