Cultura

O xornalista gráfico Jorge Landín expón o seu traballo en Redondela

O Multiusos do Paseo da Xunqueira acolle, ata o vindeiro dia 14 de xuño, a exposición de fotografía “Arte efímero”, do noso compañeriro o xornalista gráfico Jorge Landín, coa que rende homenaxe as tradicionais alfombras florais da festa da Coca.

Na exposición, que aínda que xa pode visitarse quedará inaugurada oficialmente o vindeiro venres ás 8 do serán, poden verse vintecatro fotografías, de distintos tamaños, nas que se amosan algúns dos detalles xeométricos e artísticos utilizados na elaboración das alfombras.

A mostra permanecerá exposta no Multiusos ata o día 14 e, posteriormente, percorrerá os centros sociais e culturais das diferentes parroquias redondelás.

Jorge Landín adícase á fotografía de prensa dende o ano 1989 publicando  o seu traballo en diferentes medios nacionais e locais. Na actualidade, e dende o ano 1991, é o xefe de fotografía de Atlántico Diario.

 

También te puede interesar