RGPD - Cookies
Galicia

O paro baixa en Galicia pero moito menos que a media do Estado

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego de Galicia situouse ao finalizar o mes de maio en 276.608 persoas, o que supón un descenso de 1.036 desempregados respecto a abril, un 0,37% menos, de acordo cos datos publicados este luns polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

A baixada do paro en Galicia é inferior á rexistrada no Estado, onde foi do 0,63% e, no que se refire a termos interanuais, 36.594 galegos e galegas quedaron sen traballo no último ano, o que supón un aumento do 15,25%, case tres puntos máis que o conxunto do Estado.

 

También te puede interesar