RGPD - Cookies
Vigo al día

Esquerda Unida cree que os orzamentos municipais inciden nas causas da crise

Eva Solla, responsable de organización de Esquerda Unida de Vigo, asistíu este luns ao pleno en representación da súa formación constatando o “silencio administrativo do goberno local ante a petición de que EU poidese defender ante o pleno as súas 50 enmendas aos orzamentos”.

EU considera que estes orzamentos recurren ao endebedamento para “obra pública ornamental que crea traballo precario” como son as humanizacións e non incide na creación efectiva de emprego mediante o fomento do cooperativas, remunicipalización de servicios privatizados.

Para Esquerda Unida,  subliña que “decir que estos orzamentos son participativos e ser un auténtico ignorante do que significa este concepto”, fórmula que se artella ou artellou durante os mandatos de esquerda en múltiples concellos como Sevilla, Córdoba ou mesmo Ferrol, orzamentos participativos “son aqueles nos que os veciños e veciñas deciden partes importantes do investimento”, non que se fagan reunións con asociacións veciñais para decirlle “isto é o que hai” e convocar á prensa, indicou Solla quen adiantou que EU seguirá loitando e defendendo un sistema impositivo xusto, que parta da premisa quen máis ten máis pague”, evitando que se incrementen tasas e impostos como a contribución, lixo ou auga á veciños e veciñas independentemente do seu nivel de renda.

Esquerda Unida considera que os orzamentos aprobados son irreales e que “a evolución da recadación dos vindeiros meses amosará como a elevación do endebedamento no Concello será unha lousa pesada para o futuro”.

 

También te puede interesar