Vigo al día

Simulacro de incendio na Delegación da Xunta

A Delegación Territorial da Xunta desenrolou este martes un simulacro de evacuación dun incendio co obxectivo de probar as instalacións en materia de prevención, logrando desaloxar a máis de 750 persoas nunha media de 5 minutos.

O feito que orixinou o simulacro de evacuación foi un incendio que deu comezo sobre as 10,30 horas da mañá coa sirena de alarma que percorreu as dúas torres o edificio administrativo. Os funcionarios e os usuarios e usuarias que se atopaban nese momento no interior do mesmo descenderon polas escadas ata abandonar, de forma ordenada, o edificio.

O suposto incendio orixinouse, de forma ficticia, na quinta planta da Torre 2 do edificio da Praza da Estrela, decretándose así a activación do Plan de Emerxencia Xeral que supón a evacuación total do edificio. Máis de 530 traballadores e ao redor de 220 usuarios e usuarias que neses momentos se atopaban nas instalacións tiveron que abandonar as dúas torres. En concreto, o tempo de evacuación da Torre principal foi de 5,11 minutos mentres que no caso da Torre 2 foi de 4,46 minutos. Tamén foi desaloxada a escola infantil pública situada na planta baixa do edificio da Praza da Estrela, á que asisten 27 nenas e nenos que foron acompañados polas traballadoras do centro e desaloxados en berces e guiados a través de cordas.

Para executar esta manobra, os bombeiros, que acudiron con 2 vehículos ata a Praza da Estrela en 6 minutos, dende que recibiron a chamada e dende o parque municipal, comprobaron o desaloxo total das dúas torres e colaboraron co desaloxo das persoas que presentaban mobilidade reducida.

Dúas persoas que acudiron á Xunta a facer os seus trámites tiveron que ser atendidas ao pensar que se trataba dun suceso real. Foron tranquilizadas polo equipo de primeiros auxilios e os voluntarios do grupo de acción persoal sen rexistrar maiores incidencias.

 

También te puede interesar