Comarcas

O mes que ven abrirase ao tráfico o treito Caritel- A Lama da PO-241A,

A nova abanzouna este domingo o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nunhas declaración feitas aos médios de comunicación en Ponte Caldelas. Agustín Hernández, asegurou que no mes de xuño abrirase ao tráfico a estrada Caritel-A Lama (PO-241), logo de acondicionarse o devandito treito de 2,5 quilómetros incluída na Rede Secundaria de estradas autonómicas, no que se levou a cabo a mellora do trazado coa eliminación de curvas, ensanchamento da calzada, construción de beiravías e mellora da sinalización horizontal e vertical.

Hernández lembrou que está en execución, asimismo, o  treito Ponte Caldelas- Caritel (PO-255) e Caritel- Forzáns (PO-255), “co que se mellorarán 9 kilómetros desta estrada” que, unha vez rematada, cun trazado en forma de Y, “beneficiará a máis de 9.000 veciños de Ponte Caldelas e A Lama”.

 

También te puede interesar