Galicia

Buscan a un doador de médula para salvar a un cativo de 2 anos que padece leucemia

Veciños da parroquia de Veigue dirixíronse ao alcalde do concello coruñés de Sada para solicitarlle que se faga eco do chamamento dunha familia do municipio cun neno de dous anos enfermo de leucemia e que necesita “urxentemente” unha doazón.

Tras solicitar doadores a través da Fundación Josep Carreras e do Centro de Transfusión de Galicia, “parece que non hai un medula compatible co pequeño”, polo que piden a  aquelas persoas con idades entre 18 e 55 anos que queiran axudar a este neno que chamen ao teléfono gratuíto 900 100 828, do Centro de Transfusión de Galicia e se fagan doadores para ampliar as súas posibilidades de curación.

O transplante de medula ósea constitúe a única esperanza para moitos enfermos que padecen enfermidades como a leucemia, xa que aproximadamente o 70 % non dispoñen de doadores compatibles na súa familia, circunstancia pola que é necesario atopar doadores voluntarios non emparentados.

 

También te puede interesar