Cultura

Presos das ondas

Uns 200 internos do Centro Penitenciario da Lama participaron nun programa de radio que se emitirá este sábado, ás 4 da tarde, na Radio Galega. Segundo informou o centro penitenciario, no salón de actos da prisión os internos presentes «puideron gozar de máis dunha hora de divulgación científica que resultou non só interesante senón moi divertida«, con temas como as medicinas alternativas, os produtos milagre, a xenética e outros.

O centro destacou que con estes eventos se busca achegar neste caso a vida cultural da sociedade aos internos «co fin de mellorar as oportunidades e favorecer a reinserción social», ao tempo que agradeceu á Radio Galega o seu apoio para facer posible «que esta actividade novidosa se acha levado a cabo en colaboración co taller de radio» da prisión.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.