RGPD - Cookies
Galicia

Alumnos da USC péchanse na Facultade de Historia en protesta contra a suba de taxas

Uns 30 estudantes están pechados na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para protestar en contra da suba das taxas e os recortes no ensino, ademais de para demandar a apertura de máis bibliotecas públicas na tempada de exames.

O encerro, de carácter indefinido, comezou logo dunha asemblea aberta celebrada na propia facultade. Os alumnos informaron ao decanato das súas intencións a través dun comunicado e o decano, pola súa banda, recoñeceulles o seu dereito a ocupar o centro, aínda que lles indicou que enviaría persoal de seguridade por tratarse dun edificio histórico.

Mediante unha nota de prensa, animan a todo o estudiantado da USC a achegarse ao encerro, ás actividades paralelas e ao espazo de estudo.

 

También te puede interesar