Comarcas

Vai a Pontevedra e ‘ponte de tapas’ ate os ollos

Dende este venres e ata o 3 de xuño, Pontevedra acolle a 4ª Edición do Concurso de Tapas “Ponte de Tapas”. Dar a coñecer a gastronomía pontevedresa e disfrutar das pequenas delicias que son as Tapas a un prezo único (1,50€) é o obxectivo da iniciativa “Ponte de Tapas”, que promove Turismo Rías Baixas o concello de Pontevedra e a  empresa municipal Turismo de Pontevedra.

Despois do grandísimo éxito das anteriores edicións, nas que se repartiron máis de 35.000 tapas, os organizadores animan aos visitantes veciños da capital a ser parte activa no concurso, “seguimos contando contigo, para que degustes o mellor da nosa gastronomía, ao mellor prezo”.

Cada establecemento participante  deberá elaborar unha tapa que pode ser de xeito tradicional ou creativo. As tapas deberán levar produtos de calidade da nosa terra e o gañador será votado polo público que visite o establecemento. Para elo en cada un deles haberá cupóns no que facer a votación e furnas, situadas nos locais participantes, ou na Casa da Luz, na caixa de correo ubicada na porta. Os datos dos votantes son confidenciais e non serán usados con ningún outro fin. Os consumidores das tapas atoparán nos locais o plano da ruta de tapeo, e os Cupóns de Votación. O sistema de reconto dos votos emitidos polo público (cupóns depositados nas furnas) farase mediante a suma de todos os votos obtidos e dividirase polo número de papeletas válidas depositadas nas furnas.

Por participar, os clientes participan no sorteo de viaxes de fin de semana, estancia en casas de turismo rural, reservas en establecementos de turismo experimental ou descontos nas compras que fagan nos comercios locais.

 

También te puede interesar