Galicia

As pensións dos [email protected] [email protected] as máis baixas do Estado, 778 € ao mes

Elo supón que os [email protected] [email protected] cobran unha media de 165,76 € menos que o resto dos [email protected] españ[email protected], que perciben  943,96 €, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Tendo en conta a pensión media, a que se obtén considerando todos os tipos, Galicia continúa sendo a comunidade coas prestacións máis baixas, cunha media de 694,74 €, a 31 en maio.

Un total de 450.394 [email protected] reciben unha pensión de xubilación; mentres que 69.898 perciben a de incapacidade, cunha media de 773,91 €. Outras 184.759 persoas ingresan unha pensión de viuvez que, de media, ascende a 596,03 €; 20.631 teñen a de orfandade, con 362,28 € de media; e 5.713 a de favor de familiares, cunha media de 447,41 €.

Ourense e Lugo, as únicas provincias españolas por baixo dos 700 €

Por provincias, a pensión de xubilación en A Coruña é de 827,03 € e a de Pontevedra alcanza os 831,72; fronte aos 683,46 €de Lugo e os 659,25 € de Ourense, a máis baixa de entre todas as provincias de España. De feito, solo Lugo e Ourense sitúanse por debaixo dos 700 €.

No conxunto do Estado, a Seguridade Social destinou un total de 7.366,8 millóns de euros ao pagamento das pensións contributivas no presente mes de maio, un 4,3% máis que no mesmo mes de 2011. Desta cantidade, máis de 5.012 millóns corresponderon ao pagamento da nómina mensual das pensións de xubilación, 1.394,3 millóns a pensións de viuvez,  837,1 millóns a incapacidade permanente , 103,8 millóns a orfandade e 18,5 millóns a favor de familiares.

 

También te puede interesar