Vigo al minuto

A proposta do novo tax-lease cupre as normas da UE e terá que estar resolto nun mes

A proposta de novo modelo de bonificacións fiscais no sector do naval, o denominado ‘tax lease’, non inclúe ningunha forma de axuda estatal”, á marxe da correspondente ao réxime de tonelaxe. Así ven de aseguralo a Sociedade Privada de Pequenos e Medianos Asteleiros (PYMAR).  de acordo coa regulación comunitaria. Segundo esta sociedade, esto supón que a proposta feita polo Goberno español , e remitida este martes a Bruxelas, cumpre a normativa comunitaria e “non incorre en ningún tipo de incompatibilidade coa lexislación europea”.

PYMAR subliña que, de acordo co expresado polo comisario Joaquín Almunia, este proxecto, que foi elaborado polos Ministerios de Industria e de Facenda , a Unión Europea,”debería responder sobre a idoneidade  deste nun prazo non superior a un mes”.

Os asteleiros subliñan que a proposta é froito dun traballo “intenso ao longo dos últimos mesespara definir unha nova estrutura para o financiamento da construción e adquisición de buques en España, unha vez que o anterior modelo de ‘tax lease’ quedou en suspenso, o que agravou a falta de carga de traballo nos estaleiros da ría de Vigo.

Precisamente, respecto á investigación aberta en torno ao réxime anterior e a unha hipotética devolución de axudas, o PYMAR amósase “absolutamente tranquilo”, porque asegura que “sempre actuamos ao amparo da confianza lexítima e seguridade xurídica”.

 

También te puede interesar