Vigo al minuto

A proposta do novo tax-lease cupre as normas da UE e terá que estar resolto nun mes

A proposta de novo modelo de bonificacións fiscais no sector do naval, o denominado ‘tax lease’, «non inclúe ningunha forma de axuda estatal», á marxe da correspondente ao réxime de tonelaxe. Así ven de aseguralo a Sociedade Privada de Pequenos e Medianos Asteleiros (PYMAR).  de acordo coa regulación comunitaria. Segundo esta sociedade, esto supón que a proposta feita polo Goberno español , e remitida este martes a Bruxelas, cumpre a normativa comunitaria e “non incorre en ningún tipo de incompatibilidade coa lexislación europea”.

PYMAR subliña que, de acordo co expresado polo comisario Joaquín Almunia, este proxecto, que foi elaborado polos Ministerios de Industria e de Facenda , a Unión Europea,»debería responder sobre a idoneidade  deste nun prazo non superior a un mes».

Os asteleiros subliñan que a proposta é froito dun traballo «intenso ao longo dos últimos meses» para definir unha nova estrutura para o financiamento da construción e adquisición de buques en España, unha vez que o anterior modelo de ‘tax lease’ quedou en suspenso, o que agravou a falta de carga de traballo nos estaleiros da ría de Vigo.

Precisamente, respecto á investigación aberta en torno ao réxime anterior e a unha hipotética devolución de axudas, o PYMAR amósase «absolutamente tranquilo», porque asegura que «sempre actuamos ao amparo da confianza lexítima e seguridade xurídica».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.