Comarcas Vigo al día

Máis de 35.000 espectadores deixáronse levar polo talento no Festival de Títeres de Redondela

Contra vento e marea. Así pode decirse que conqueriu, de novo, o éxito o Festival Internacional de Títeres de Redondela que, pese a choiva e algo de frío, que achegáronse á vila este fin de semán, logrou superar os datos do ano pasado e atraer a máis de 35.000 espectadores, unha previsión que tiña a organización e que cumpliuse con creces.

E o festival, como cada edición, non defraudou, volvendo a situar a Redondela coma sede de unha das citas obrigadas para as mellores compañías do mundo, chegadas de Dinamarca, o Reino Unido, Bulgaria e, por suposto, Galicia e o resto do Estado, ate completar máis de vinte espectáculos de primeira orde, o que deixa craro que colectivos como Xente Titiriteria  saben qué queren facer e cómo facelo.

No último día de actuacións, o broche correu a cargo dos cataláns de, os galegos da Charanga Mekánika e Teatro de Ningures, o aplaudido Rod Burnett, un inglés que botou por terra a falla de gracia dos británicos, o Teatro Estatal de Marionetas de Varna, chegado dende Bulgaria, Pi Graos e o seu aplaudido concertó acústico e, coma último acto,  os cántabros de Birloque, cos seus monigotes xigantes, flautistas de Hamelin auténticos que pecharon o festival co seu seguido pasarrúas que leva á vindeira edición deste espectáculo que e quen de situar a Galicia no mundo.

 

También te puede interesar