RGPD - Cookies
Galicia

41 feridos e dous mortos nas estradas galegas este fin de semán

O 061 asistiu durante a fin de semana un total de 41 persoas debido a 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 15:00 horas do venres, 18 de maio, ata as 23:59 horas do domingo, día 20. A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 42 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 36 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 41 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 46 e 54%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 34% dos atendidos tiña entre os 20 e os 29 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 19 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 51. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a dous sinistros, o helicóptero asistiu nun tráfico, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 38 accidentes, as ambulancias concertadas trasladaron en tres ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros.

En 35 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, unha persoa foi trasladada a un centro de Atención Primaria, outros tres foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar