Galicia

Méndez Ferrín «Paz Andrade púxose en corpo e alma ao servizo do pobo galego»

Vigo foi a cidade escollida pola Real Academia Galega (RAG) para lembrar a galeguista Valentín Paz Andrade ao que se adica o ‘Día das Letas Galegas’. Nunha sesión plenaria, aberta ao público, á que asistiu o presidente da Xunta, o presidente da Academia, Xosé Luis Méndez Ferrín, salientou a “vontade metálica” de Paz Andrade, a súa intelixencia e capacidade analítica e asegurou que “púxose en corpo e alma ao servizo do pobo galego”.

Diversos persoeiros falaron do legado que deixou o homenaxeado, entre elos Xavier Vence, quen o calificou de “empresario ilustrado e intelectual emprendedor e patriota”; pola súa banda, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, destacou a súa aposta por “colocar a Galicia no mundo, o seu afán por la internalización e “a súa concepción da política coma unha ferramenta para construir o futuro”.

Xosé Ramón Barreiro, quen fora presidente da RAG, fixo un repaso pola contribución de Paz Andrade na antropoloxía e o profesor Alonso Montero falou na feceta de “poeta no seu exilio na Serra de Queixa”. Para rematar, Manuel Rivas, analizou a actividade periodística e de “defensa da liberdade de expresión” do galeguista e lembrou que por ela “foi encarcelado en dúas ocasións, a primeira en 1924”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.