Vigo al minuto

As Neves rende homenaxe ao mundo do Deporte

Máis de duascentas persoas, na súa meirande parte vencelladas ao mundo deportivo asistiron este xoves á ‘Gala do Deporte de As Neves’ coa que o concello quixo recoñecer a laboura de organismos, como a deputación e a Xunta,  asociacións, clubes, empresas esponsorizadoras, entidades sen ánimo de lucro e, por suposto, os deportistas que, a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional “levaron o nome de As Neves”.

Coma salientou o concelleiro de Deportes, José Manuel Prieto, estos éxitos foron posibles grazas a laboura de todos eles e a entrega de “país, nais, adestradores, técnicos e directivos” e ao esforzó do propio concello e de administración como a Xunta ou a Deputación de Pontevedra, que permiten que As Neves dispoña de instalación como o pavillón municipal, o campo de fútbol de A Caiña, as piscinas ou cancha de tenis ou o circuito de motocrós de Taboexa

No acto, ao que acudiu a corporación en pleno, representates da Deputación Provincial e o delegado provincial de Deporte da Xunta, entregáronse galardóns ás Escolas Deportivas Municipais de fútbol, patinaxe , judo e ciclismo, nas que participan preto de 300 rapaces en todas as categorías.

Tamén recoñeceuse a loboura de aquelas empresas que destacaron polo seu apoio á práctica deportiva, especialmente a dous delas, Forjados Hermanos Durán, patrocinador do Clube de Bádminton de As Neves  e do Clube Ciclista A Lamprea, e Manuel García Araujo, que esponsoriza ao Nieves F.C. e o campeonato de fútbol sala.

O presidente de o Nieves F.C., Salvador Pérez, recolleu o premio que recibiu esta institución con máis de 40 anos de historia, que na pasada tempada quedou campión de liga, logrando o ascenso á Segunda División Autonómica e que, na actualidade compite en todas as categorías de alevíns a xuvenis.

O Clube Deportivo San Xoán de Rubiós, fundado en 1980, e presidido por Óscar Rodríguez, fíxose acreedor a un premio pola súa aposta polo fútbol base  dende hai tres décadas; ademáis recoñeceuse a entrega dos equipos de veteranos que permiten que a actividade física continúe rematada a etapa competitiva: Montesol, Conxelados Xián e Señorío de Rubiós.

En fútbol sala, os premiados foron o clube ‘manuelgarciaaraujo.com’ e Santa Marta, de Ribarteme, e a Asociación Deportiva Sol do Condado, neste caso feminino, que levaron a esta modalidade a destacar no eido local, provincial e galego.

Non podía faltar un merecidísmo premio para o Bádmiton deporte no que As Neves é unha potencia, non só a nivel galego senon nacional e internacional. Os máis de 60 xogadores do Clube de Bádminton As Neves, compiten en todas as categorías, en todas as competicións, dende alevín a senior e dende o Campionato Provincial ate o de Europa, aportando xogadores e xogadoras ás seleccións galega e española. Como tampouco poido quedar sen un máis que gañado galardón o motocross, o paso polas competicións no territorio nevense son unha cita ineludible para, non só para os practicantes do deporte das dúas rodas, senon para os afeicioados galegos, uns dos máis esixentes do Estado, non en van viron sair de aquí a campións de sona internacional. E, tampouco podía quedar sen recompensa o automovilismo, nesta ocasión o premio foi para a organización do Rallye Rías Baixas, unha proba na que o tramo de As Neves é xa mítico.

O momento máis emocionante da noite foi a homenaxe, a título póstumo ao ciclista Sixto Blanco, ‘o marqués da bicicleta’, que adicou 60 anos da súa vida a este deporte coma profesional, correndo ao lado de figuras como Baamontes nas voltas a Cataluña, ao País Vasco e facéndose, en 1953 co Gran Premio San Froilán, en Lugo. Con 70 anos, Blanco fixo a Volta aos Pirineos para veteranos subindo as imposibles etapas que se disputan no Tour, en especial á escalada ao Tourmalet.

Por último, o Auditorio Vázquez Portomeñe púxose en pé para aplaudir a Carlos González, unha institución na práctica do deporte no concello, como xogador de fútbol, directivo de Nieves F.C e mesmo concelleiro de Deportes durante dous mandatos. Todo o deporte de As Neves, dende os veteranos ate as novas xeracións está vencellado, dun xeito ou doutro a ete home ou a súa inxente laboura durante toda a súa vida.

 

También te puede interesar