Vigo al minuto

Os veciños de Teis esixen que o alcalde fixe unha data para a apertura dos espazos deportivos da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis (AVT) solicitou por escrito, a través do Rexistro Xeral, do Concello unha xuntanza co Alcalde e o Concelleiro de Deportes para tratar a situación das instalacións deportivas da ETEA.  Na visita realizada á ETEA o 9 de maio polo grupo municipal do BNG e o Alcalde, este anunciou a apertura dunha parte destas instalacións que se realizaría logo da aprobación definitiva dos rozamentos municipais de 2012.

O pasado 16 de abril a AVT solicitou poder realizar unha visita as instalacións deportivas da ETEA, para coñecer o estado real das mesmas.O motivo é que hai xa un ano finalizaron as obras de acondicionamento dunha parte das  instalacións deportivas da ETEA, abandonadas desde a saída dos militares destes terreos no outono do ano 2002”.

O 4 de agosto do ano pasado, a solicitude da AVT, a Asociación mantivo unha reunión con responsábeis municipais. Nesa xuntanza Manel Fernández, concelleiro de Deportes sinalou, que nesa altura as instalacións aínda non estaban recepcionadas polo Concello e que polo tanto non había data para apertura das mesmas.

A A.V.Teis manifesta que “o feito de que a día de hoxe as instalacións deportivas da ETEA, non estean abertas, parcial ou totalmente, confirma as denuncias realizadas ao longo destes anos pola AVT nas que cualificaba o investimento de 850.000 euros realizado nestas instalacións deportivas como insuficiente”.

Desde a asociación vecinal queren que “Abel Caballero termine de vez coa continua improvisación en relación ás instalacións deportivas da ETEA e os constantes anuncios e declaracións que despois nunca se cumpren ao longo destes xa case cinco anos como alcalde”, aseguran os veciños nunha nota na que salientan que “parece que a vontade do alcalde é sementar a confusión entre a veciñanza mediante anuncios mediaticos que despois quedan en nada».

Por todo iso, a asociación quere coñecer “ cal é o proxecto definitivo do goberno municipal para estas instalacións deportivas da ETEA, así como os prazos concretos para a apertura total das mesmas (pavillón, piscina e campo de fútbol)”, e advirte que  non vai aceptar que se reduza nin eliminen estas instalacións deportivas, “como se de deduce das últimas declaracións de Abel Caballero”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.