RGPD - Cookies
Destacados

Máis de 5.000 persoas saen á rúa en Vigo para defender o sector Naval

Máis de 5.000 persoas sairon este sábado á rúa en Vigo para esixir ao Goberno Central e á Xunta que cumpran co seu compromiso de defender ao sector Naval. A manifestación, convocada por Comisións Obreiras (CCOO), Unión General de Trabajadores (UGT) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), que partiu do cruce de Lepanto con Urzáiz, rematou na Porta do Sol  onde a actriz Uxía Blanco leeu un manifesto no que se pedía ao presidente Rajoy que “deixe de culpar a UE e se faga respetar e escoitar diante das autoridades europeas”.

As centraios lembraron que o Naval leva dous anos en caída libre, dende que se suspenderán as bonificacións fiscais aos asteleiros, o coñecido tax-lease, que levou ao peche de 200 empresas, á perda de 9.000 empregos, “aos que hai que engadior outros 4.000 afectados por expedientes de regulamento de emprego” ou firmas en situación concursal.

Os sindicatos subliñaron que “isto ten remedio” e para iso a Xunta e o Goberno do Estado teñen que por a vontado de desbloquear o tax-lease, apostar pola viabilidade das empresas e crear centros de reparación naval. “Rematou o tempo dos borradores”, advertiron as centrais sindicais, ao tempo que, engadiron, “se se perde a industria os responsables serán a Xunta e o Goberno central por non dar a cara”.

Curiosamente, pese a estas reivindicacións, entre os asistentes á manifestación estaban o presidente local do Partido Popular, varios concelleiros e o presidente do Porto de Vigo, ademáis de representantes do Partido Socialista, co alcalde á cabeza que no percorrido tiveron que escoitar berros como “PSOE, PP a mesma merda é”, ou “Rajoy, escoita o naval está en loita”.

 

También te puede interesar