RGPD - Cookies
Comarcas

Denuncian que máis de 100 nenos de Ponteareas non terán praza de gardería o ano que ven

A concelleira do BNG en Ponteareas, Hortensia Bautista, informou que “no vindeiro curso 2012-2013, máis de 100 nenos e nenas de entre 0 e 3 anos que solicitaron praza na Escola Infantil Municipal van quedar sen ela”. Os nacionalistas lembran que Ponteareas dispón de só 130 prazas na escola infantil pública para atender a un total de 1000 nenos de estas idades que viven no Concello. “A escaseza de prazas de educación infantil é un problema evidente e acuciante para centos de familias e parellas novas que non poden conciliar a súa vida familiar e laboral”, engadiu a concelleira

O BNG responsabiliza desta situación ao alcalde Salvador G. Solla  por ser incapaz de lograr os terreos necesarios para unha nova escola infantil. Os nacionalistas lembran que, por iniciativa do Bloque, o Pleno aprobou poñer a disposición da Xunta unha parcela onde construír a nova escola infantil. Sen embargo o alcalde “leva máis dun ano sen facer nada para cumprir este compromiso. A súa incompetencia é gravísima porque hai necesidade dunha nova escola infantil e hai diñeiro do Estado e da Xunta para construíla”.

 

También te puede interesar