Vigo al día

Caballero ve aos veciños dispostos a manifestarse contra a Área Metropolitana

Aínda que aínda non se sabe para qué vale, cánto vai custar ou qué competencias asumirá o Área Metropolitana, o alcalde asegurou este venres que, tras reunirse con colectivos cidadáns para explicarlles a lei que regulamenta esta nova administración, que estas organización “piden unha manifestación” en contra da mesma.

“Percibo que a cidade está disposta a facer mobilizacións, se fose necesario, contra a lei da área metropolitana”, indicou Abel Caballero que, eso sí, non se amosou disposto a volver a coller, aínda, a pancarta, coma fixera no caso da fusión das caixas. “O gobernó local traballara en dúas vías, empregando os mecanismos legais que teña ao seu dispor e seguindo coa denuncia política”, salientou o alcalde quen concluiu que esta agresión a Vigo “ten nome e apelidos: Alberto Nuñez Feijóo”.

Caballero concluiu que a Lei da Área Metropolitana “é aínda un espolio maior que o de Caixanova”, acusou ao Partido Popular de queren esmagar a Vigo, “e a esta cidade non hai quen a machaque”, e repetiu que “nunca houbo unha agresión como esta á cidade, isto é a antidemocracia”.

 

También te puede interesar