Vigo al minuto

‘Hey, hey, resistirei!’

Os traballadores do Naval, este xoves, polo centro de VigoA ritmo da música dos Resentidos, preto de 3.000 traballadores do Naval concentráronse este xoves no cruce das rúas Policarpo Sanz e Colón nunha xornada de paro, convocada polos sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Unión General de Trabajadores (UGT), en defensa do sector Naval. Os traballadores, que sairan dende varios asteleiros pasadas as 10 da mañán, percorreron varias rúas da cidade ate atoparse no coñecido coma ‘cruce dos catro bancos’, dende donde seguiron por Urzáiz, camino da Delegación da Xunta en Vigo, onde celebraron unha sesión informativa.

O sector, que pechará durante medio día de hoxe, prepara deste xeito a manifestación do vindeiro sábado, día 12 (19:00 h. Gran Vía con Lepanto), na que os traballadores esixirán ás administracións solución para recuperar carga de traballo logo de que as empresas leven paradas un ano, tempo que leva suspendido o sistema de bonificacións fiscais, o coñecido ‘tax-lease’.

Os representantes sindicales lembraron que o bloqueo a solución do expediente da Comisión Europea, ten provocado xa a destrucción de 8.000 empregos e a desaparición de máis de 200 empresas auxiliares, “unha realidade a que se suma o risco de peche inminente do conxunto dos asteleiros”.

Por todo elo, sublimaron, “esiximos solucións ó Goberno, que semella que só amosa a súa eficacia na xestión dos recortes sobre os nosos dereitos e unha nula capacidade para artellar unha saida para un dos sectores estratérxicos da nosa economía”. Non hai que esquecer, salientaron, que o Naval ocupa a 10.000 persoas, de xeito directo, na Ría de Vigo, “outros 30.000 traballos indirectos máis” e xenera o 30% da riqueza da comarca

 

También te puede interesar