RGPD - Cookies
Galicia

Concentracións contra os recortes en Sanidade, en sete hospitais galegos

CC.OO., UGT, CSIF, Omega, SAE, Satse, CEMS convocan para este xoves, baixo o lema ‘ Coa sanidade non se xoga’, concentracións ás portas de todos os hospitais públicos para protestar contra os recortes anunciados polo Goberno e as comunidades autónomas en materia de sanidade.

Concretamente, haberá concentracións no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, no Xeral-Calde de Lugo, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no Arquitecto Marcide de Ferrol e no Hospital Comarcal de Lemos, ás 11.00 horas, e as 11:30 no Hospital Xeral de Vigo e no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Con esta acción ábrese o calendario de mobilizacións que «se prolongarán no tempo» conforme se vaian materializando tales recortes, segundo anunciou o secretario xeral da Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CC.OO. «Os recortes van ir sucedéndose ao longo deste ano e, con máis crueldade, a partir do ano que vén», asegurou Antonio Cabrera quen advirte que “as medidas anunciadas polo Goberno no Real Decreto-Lei «non serán suficientes para resolver a débeda que arrastra o sistema”.

As concentracións deste xoves durarán 20 minutos, e convocáronse entre as 10.30 e as 11.30 horas en todos os hospitais públicos, cabeceiras de distrito e direccións de Área en Atención Primaria. Os sindicatos aseguraron que non van afectar á atención dos pacientes xa que «se fixo coincidir coa hora habitual do almorzo dos sanitarios».

 

También te puede interesar