Galicia

Feijóo sinala a Almunia como culpable da crise do Naval e a falla de solución nas Preferentes

O presidente da Xunta responsabilizou este mércores ao comisario europeo da Competencia, Joaquín almunia, de bloquear a solución para o naval galego, que ainda segue pendente dun sistema alternativo ao ‘tax´lease’, e de perxudicar aos milleiros de galegos afectados polas inversións de Participacións Preferentes.

En resposta a unha pregunta da oposición, Feijóo instou ao secretario xeral dos socialistas galegos a que, “sen sair da sede do PSOE pida ao alcalde de Vigo que deixe de bloquear o novo hospital e a Almunia que faga o mesmo  coa solución para 14.0000 familias que viven do Naval e as 70.000 afectadas polas preferentes de  Novagalicia Banco”.

O presidente amosou unha carta remitida polo comisario europeo, con data 20 de abril, na que Almunia, en referencia ás Preferentes subliña que  “coa finalidade de minimizar o desembolso de cartos públicos, o plan de restructuración debe evitar o uso de axudas do Estado en beneficio dos inversores”, o comisario engade que “esto é necesario para asegurar os costes de restructuración da institución financieira no só os soporten os cidadáns, senon tamén os accionistas e titulares de Participacións Preferentes”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.