Cultura

Beatriz Rico Albaladejo expón na sede da Deputación en Vigo

Os amantes da arte están de noraboa xa que este martes, 8 de maio (09:00- 20:00 h.), a pintora Beatriz Rico Albaladejo abre exposición da súa última obra na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Oporto, 3). A mostra, que estará aberta ate o día 18, amosará varios cadros desta galega, considerada unha das máis importantes promesas da nosa plástica que, maila á súa xuventude, xa percorreu un longo camino no eido da pintura, con exposicións por toda a xeografía de Galicia.

Beatriz Rico Albaladejo naceu en  A Coruña en 1989 e reside no concello de Oleiros. Cursou tamén o Bacharelato artístico no IES Adormideras da Coruña, e na actualidade estuda a licenciatura de Belas Artes na Universidade de Barcelona, así como Historia da Arte na UNED.

Ten obtido varios premios de debuxo en concursos convocados pola Xunta de Galicia, e participado, entre outras, na exposición colectiva da II edición do concurso de pintura rápida de Ribadavia e no concurso de pintura rápida en Molins de Rei (Barcelona).

 

You may also like