Vigo al minuto

15 M e Democracia Real Xa chaman a manifestarse o día 12, tamén en Vigo

Os movementos sociais 15M Vigo e Democracia Real Xa Vigo, xunto coa plataforma ECOAR, de Vigo, súmanse ás mobilizacións globais do vindeiro 12 de maio. “Esa é a data elexida para chamar á cidadanía a tomar as rúas de novo e alzar as súas voces para mostrar a súa indignación pedindo un cambio global”, asegura a plataforma nun comunicacdo. Estas mobilizacións e accións globais xurden como unha resposta unitaria e coordinada para mostrar o descontento actual cun sistema inxusto, no que “a riqueza e acugula en mans de uns poucos, fronte o 99% que sufre as consecuencias dunha crise mundial produto da avaricia dunha élite” e que os cidadáns somos mercadoría en mans da clase política e da banca.

A protesta levarase a cabo a través de “marchas apartidistas e pacíficas” que percorrerán todo o mundo, dende Nova Iorque ata Sidney, pasando por Barcelona, Berlín ou París, entre outros. En Vigo, a saída efectuarase ás 19h dende a Praza de España, percorrendo as rúas do centro como Gran Vía e Urzáiz ata a Praza da Estrela, onde se leerá un manifesto internacional 12 de maio

O 12 de maio é a date elexida en todo o mundo para sair as rúas a mostrar a indignación. Hai meses que se ven traballando neste chamamento global. O pasado 15 de outubro se tomaron as rúas de máis de 1000 cidades de 82 países. “O movemento de indignación organizouse e comezou a camiñar pola rúa da dignidade e o cambio global”. Eso foi hai máis de seis meses e todavía se están a levantar as voces para “facer que os políticos e os banqueiros entendan que deste xeito non nos representan, xa que representan a unha clase privilexiada e non á maioría da poboación”.

As mobilizacións que se estenderon por todo o planeta a partires da primavera do 2011, foron un “revulsivo social ante a situación imposta”; un movemento esperanzador que non debemos esquecer nin deixar desaparecer. “Subliñamos, non só as ameazas sobre as nosas economías, senón sobre a democracia mesma: menos do 1% decide sobre o presente e futuro do outro 99%”.

 

You may also like