RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

Obradoiro ‘A arte de pescar’, este fin de semana no Museo do Mar

O Museo do Mar de Galicia inicia esta fin de semana o obradoiro A arte de pescar, dirixido ao público infantil e familiar, e centrado nas diferentes artes de pesca empregadas polo home ao longo da historia.

A actividade desenvolverase en dúas sesións –os días 5 e 12 de maio, de 12:00 h. a 12:30 h., para os nenos; e o 6 e 13 de maio, de 17:00 h. a 18:30 h., para as familias-. Nela os asistentes aprenderán as diversas técnicas de pesca, comezando polas máis tradicionais e artesanais ata chegar as industriais ou comercias, dende unha óptica sempre lúdica e práctica.

Para inscribirse haberá que encher o formulario na web: http://www.museodomar.com ou chamar ao teléfono 986247691. A idade mínima para participar nestas actividades é de 5 anos e o seu custo e de 1,5 € por persoa e día, coa excepción dos socios de A Babor Club, que pagarán 50 céntimos de euro.

 

También te puede interesar