Ciencia y Tecnología

O presidente da Real Academia Galega di que a institución está “necesitada e pobre”

O presidente da Real Academia Galega (RAG) asegurou este venres, no acto de presentación das actividades da Academia para conmemorar o 50 aniversario da celebración do Día das Letras Galegas, que a situación da institución é “necesitada e pobre”, tras os recortes na partida dedicada á mesma nos Presupostos Xerais do Estado, en máis dun 60%.

Por elo, Xosé Luis Méndez Ferrín agradeceu o apoio de diversas institucións e entidades para poder levar adiante os actos, algo que non sería posible sen esa axuda dado que a RAG recibe do Estado un total de 300.000 €, menos da metade do destinado ás academias catalana ou vasca.

Neste senso, os grupos da oposición no Concello de A Coruña criticaron esta situación e o BNG adiantou que os seus deputados presentarán unha enmenda aos orzamentos para aumentar a partida presupostaria destinada á RAG en 619.160 euros.Pretendemos dotar a partida nun millón de euros, a mesma contía que se consideraba nos presupostos de 2011, despois do inxustificable recorte do 61% con respecto ao ano anterior”, dixo o representante nacionalista no concello coruñés.

 

You may also like