Galicia

O ex alcalde Príncipe, suspendido de militancia polo PSOE

O Partido dos Socialistas de Vigo confirmou, nunha nota enviada aos medios de comunicación que os órganos de dirección do partido veñen de suspender de militancia ao ex alcalde. Na mesma o partido, presidido por Abel Caballero indica que  “esta decisión pon o epílogo a unha confabulación deste (por Carlos González Príncipe) co Partido Popular”, unha cooperación “activa” que, segundo indica, o ven de moito tempo atrás.

Príncipe está acusado de arremeter, “sempre e exclusivamente contra o PSOE e os seus cargoscon manifestacións públicas en distintos medios de comunicación e desde o propio partido,” nunha mostra evidente de deslealdade”. A dirección socialista viguesa asegura que “a presentación no Forum Europa preparada por Alfonso Rueda e Carlos González Príncipe non foi casual e presaxia a presencia de Príncipe nas listas do PP cara ás próximas eleccións”, e que o conselleiro presentou a Príncipe “como colaborador do Partido Popular e futuro integrante das súas listas”.

 

You may also like