Galicia

Morre Xaime Isla, galeguista e fundador de Galaxia

O avogado, economista, animador cultural e galegista, presidente de honra e cofundador da Editorial Galaxia, morreu este mércores en Vigo aos 97 anos de edade. Xaime Isla Couto, nado en  Compostela en 1915, participou nos grande momentos do galleguismo, político e cultural, do século XX, coma integrante de Ultreya e as Mocidades Galeguistas, onde coñeceu a Francisco Fernández del Riego, e, máis tarde, no Seminario de Estudos Galegos e no Partido Galeguista.

En 1950, Fernández del Riego e Isla crearon a Editorial Galaxia, que serviu para darlle pulo a traballos de socioloxía, economía, aportando unha nova visión sobre a realidade galega. Entre 1958 e 1968 dirixiu a Revista de Economía de Galicia, tendo coma subdirector a Xosé Manuel Beiras,

En 1987, xunto coa súa muller, Cristina Novoa, e os seus irmáns Manuel e Celso, iniciou a Fundación Isla Couto, espacializada en estudos do eido locals, exonómico e sociolóxico. Foi cofundador da Fundación Penzol, da Fundación Otero Pedrayo y, en 1999, ingreso una Real Academia Galega cun discurso titulado ‘Economía, linguaxe e poder’; ese mesmo ano recibiu o título de Doctor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

 

You may also like