RGPD - Cookies
Galicia

Dous mortos e 51 feridos nas estradas galegas este fin de semán

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 51 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15:00 horas do venres, 20 de abril e as 23:59 horas do domingo, día 22. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 50 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 37 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 51 persoas.

A proporción de homes atendidos foi do 68% e o da mulleres do 32%. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 43% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 17 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 53, así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 45 accidentes e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco sinistros.

En 41 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, dúas persoas foron trasladadas a un centro de Atención Primaria e outros seis feridos foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar