RGPD - Cookies
Galicia

A CIG lembra que o naval non pode acceder a contratos en México até que non conte cun novo sistema de bonificación fiscal

A Confederación Intersindical Galega (CIG) reclámalle ao presidente do Goberno galego que» deixe de intoxicar á opinión pública» ao asegurar que o naval galego vai poder acceder a novos contratos en México, e o seu secretario nacional do Naval da central nacionalista, César Rodríguez, lembra neste senso que non é posíbel acceder a novas contratacións até que os estaleiros non conten cun novo sistema de bonificación que substitúa ao tax lease.

Ademáis, salienta, o comisario europeo da Competencia «recoñeceu, en resposta a unha pregunta da deputada europea do BNG, que aínda non existe unha proposta de tax lease por parte do Estado español» e que a Xunta respondeu negativamente a unha pregunta feita no Parlamento  sobre a consecución de avais para Pymar que permitisen obter financiamento para a construción naval.

Por último, Rodríguez demanda aos responsábeis autonómicos que «deixen de mentir e enmarcan este tipo de declaracións nun intento por desmobilizar ao sector».

 

También te puede interesar