Vigo al día

Medio Rural recoñece non ter tomado ainda todas as medidas no Condado contra a praga do nematodo

O deputado do BNG, Henrique Viéitez, formulou hoxe unha pregunta parlamentaria en comisión sobre os resultados das medidas adoptadas para erradicar a praga de nematodo do piñeiro nos concellos da comarca do Condado así como a posta en marcha dunha campaña informativa para o recoñecemento dos síntomas e evitar a súa propagación.

Na súa intervención, o representante nacionalista alertou dos riscos dunha praga que   “aínda non remitiue lamentou que  tras ano e medio, “o Goberno non aprendera a xestionala nin corrixira os aspectos negativos para os afectados”. Neste sentido, afirmou que  “Medio Rural non contou co sector” e acusou á Xunta de “desleixo coas persoas afectadas” polo que pediu unha maior colaboración coas Comunidades de Montes.

Asemade, cualificou de “errática e descoordinada” a actuación do Goberno nos lugares máis afectados pola praga o que ao, ao seu xuízo, provocou máis preocupación e confusión á asociación de propietarios e as mencionadas Comunidades de Montes.

O deputado considerou que ademais da  “ desconfianza” creada polo do proceder de Medio Rural, a situación tornouse máis grave coa depreciación da madeira” e lembrou que o colectivo afectado utilizaba a extensión no monte  e este produto para cubrir necesidades nun momento de grande crise económica.

Viéitez afirmou que a praga de nematodo repercutiu de maneira “moi negativa” no emprego local ante a falta do recurso da madeira o que provocou a presentación de expedientes de regulación de emprego en diversas empresas da comarca.

O parlamentario nacionalista denunciou o deterioro producido en muros, valados e camiños que a día de hoxe, “están sen recuperar” por mor do transito de vehículos  nas parcelas e engadiu que tampouco foron aboadas as indemnizacións previstas.

Finamente, aludiu a unha carta enviada  dende Medio Rural aos propietarios de piñeiros informando  da necesidade da corta no caso de estaren secos e recriminou que a Consellería non cumprira o seu compromiso do estalado dos devanditos  árbores cortados.

Medio Rural abrirá unha liña de axudas

Pola súa parte, o Secretario xeral de Medio Rural, Tomas Fernández Couto coincidiu co diagnóstico realizado polo nacionalista e avanzou que  tras rematada a primeira fase  para combater o primeiro foco e unha segunda de carácter preventivo, emprenderán novas medidas para paliar a situación entre as que priorizará “unha liña de axudas para os afectados”

Fernández, a instancias do BNG, comprometeuse as axudas económicas e   garantir os traballos preventivos para erradicar as graves consecuencias do nematodo.

 

 

También te puede interesar