RGPD - Cookies
Galicia

Ábrese o prazo para inscribirse en Xuventude Galicia Net

A XIII edición de Xuventude Galicia Net, que se celebrará no Pazo de Congreso de Santiago de Compostela entre o 4 e o 6 de maio, abre o seu prazo de inscrición este luns, 16 de abril. Nesta ocasión poderán participar uns 1.000 mozos, e as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición. Os interesados deberán seguir os pasos para apuntarse na web: www.xuventude.xunta.es.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, a prioridade deste ano é a proposta formativa e a busca de emprego para os mozos que participen no evento, para o cal contarán coa presenza de profesionais e expertos do sector das novas tecnoloxías. Durante os tres días celebraranse charlas e conferencias con relatores recoñecidos, así como talleres, charlas e mesas redondas co obxectivo de consolidar esta cita como referente das novas tecnoloxías a nivel estatal.

Os participantes tamén poderán xogar cos seus ordenadores nos campionatos de Counter Strike 1.6, League of Legends, FIFA 2012, Super Street Fighter 4, Trackmanis, Quake Live e Tekken 6.

Na ‘party’ tamén se realizarán distintas actividades relacionadas co ‘modding‘ –consistente en modificar, de forma estética ou funcional os ordenadores– , hardware e ‘overclocking‘ –técnica para aproveitar ao máximo os compoñentes orixinais dun sistema informático–.

Ademais, haberá outras actividades de ocio nas inmediacións de Xuventude Galicia Net como ‘paintball’, cursos de defensa persoal e esgrima antiga europea ou noites temáticas de cinema.

 

También te puede interesar