RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?'

Isaura, ‘vía mal’

A concelleira de Cultura, Festas e Políticas de Benestar, debeu de asistir onte á estrea dunha peli da que non tiñamos coñecemento, ‘Vialmar’, tal e coma asegura, ufana, no seu muro de Facebook. Descoñecemos se a mesma é unha biografía cinematográfica da coñecida inmobiliaria, se Isaura Abelairas non leeu o cartel do foto-call diante do que posaba, ela, tan cosmopolita, ou se viña de estar preto da costa e pensaba ‘vi al mar’.

Ate pode que quedase durmida na butaca e entre soños mixturase a película con outra e pensase ‘vi al mar adentro’ ou que se lle pegase esta canción da radio, “Mirando al mar soñé que estabas junto a mí. Mirando al mar yo no sé qué sentí, que acordándome de ti, lloré”.

O caso e que onte, nos a vimos no pase de ‘Vilamor’, e estaba sentada antes de apagarse as luces…ao mellor, sen que nos percatásemos, saiu no medio da proxección e foise a outra sala na que proxectaban ‘Vialmar’, porque no seu comentario no Face si que acerta, a lo menos, cos cines, os de Gran Vía…que cousas: alí non había mar ningún…vale, vale, perdoa Mar-celino.

 

También te puede interesar