Galicia

A CIG convoca concentracións, este xoves, contra a Reforma Laboral

A Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de convocar concentracións contra a Reforma Laboral nas sete ciudades galegas, este xoves, coincidindo co refrendo da mesmo no Congreso dos Deputados. Segundo subliña o sindicato, as movilizacións buscan a retirada do texto, xa que “trátase dunha reforma pensada para facilitar o despido e favorecer a competitividade pola vía de reducir soldos e rabaixando as condicións laboráis, sustituindo emprego fixo por precario”. A central nacionalista esixe a retirada da reforma logo do “rotundo rexeitamento amosado polos traballadores que participaron, masivamente, na folga xeral”.

As concentracións están convocadas en Santiago de Compostela (na Plaza de Galicia, ás 20.00 horas); en A Coruña (Delegación do Gobierno, ás 20.00 horas); en Vigo (Farola do Príncipe, ás 20.00 horas); en Ourense (Subdelegación do Gobierno, ás 20.00 horas); en Pontevedra (Subdelegación do Gobierno, 20.00 horas); en Lugo (Subdelegación do Gobierno, 20.00 horas); e Ferrol (Praza do Concello, 19.30 horas).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.