RGPD - Cookies
Comarcas

Este ano non so o Requeixo e o Mel de As Neves sorprenderon aos visitantes, tamén a mermelada

Foto: Tresyuno Comunicación. Momento da lectura do pregón

Milleiros de persoas achegáronse este Venres Santo a As Neves para disfrutar, un ano máis, e xa van 21, da Festa do Requeixo e do Mel. A festa acompañada de choiva e frío, comenzou ás 10 e media da mañán cun pasarruas a cargo da Banda de Gaitas ‘Manxadoira’, de Bueu, e da charanga ‘Troserghas’ de As Neves, que foron moi celebradas polos asistentes. Puntualmente, ao mediodía, nas carpas instaladas no centro do concello, iniciose a degustación dos dous productos que, este ano ofrecían unha novidade, no caso do mel era a premiada coa medalla de prata na X Cata de Mel de Galicia na categoría de meles multiflorais.


Como era de esperar os membros de Fulano, Mengano e Citano, os coñecidos actores Suso Pando, Manuel Botana e Manuel Pombal, fixeron gala do seu inxenio na lectura do pregón, que xirou ao redor das cualidades do requeixo e do mel e, en xeral da gastronomía e os gustos dos galegos…tamén polo bo teatro, que eles representan coma reflicten as súas traxectorias neste eido e tamén na televisión, coma actores de doblaxe ou guionistas.

Foto: Tresyuno Comunicación. Sergio de Bodegas Viñanora

Como salientou o alcalde, Raúl Emilio Castro, a Festa do Requixo e do Mel de As Neves, xunto coa do Tinto de Rubiós, nesta festa estaban representados varias das bodegas da vila, coma Viñanora, Abadía de Tortoreos e Bodegas Cotoredondo “consolídanse, non só coma unha cita gastronómica, senon, mesmo cultura e turística que, ao mesmo tempo achega aos visitantes ao Condado onde poden disfrutar, nestos días, da lamprea ou o viño branco”. O alcalde lembrou a vigoalminuto que, ademáis, esta festa abre unha fiestra á laboura que se leva adiante no eido agrario de As Neves “que empeza a explotar o seu potencial económico no ámbito dos productos artesanais e de calidade facilitando a incorporación de veciños ao mercado laboral”.

Foto: Tresyuno Comunicación. Degustación

Neste senso, o presidente de la Cooperativa agraria Condado-Paradanta, Alejandro Martínez, subliñou que esta edición de la Feria do Requeixo e do Mel incorpora un requixo elaborado íntegramente con leite ecolóxico e, o que é un anticipo dun importante proxecto no que está a traballar a Coorperativa e que os comensales poideron degustar en exclusiva: novas mermeladas, “feitas de xeito completamente artesanal, con froitos da zona e que esperamos comercializar xa antes dun ano”, «As provisións estanse a esgotar», afirma Alejandro

Como non podía ser de outro xeito, as actividades para os mais pequenos tiveron unha moi boa aceptación, os cativos poideron disfrutar de 50 minutos de actuación da man de Miro Magariños, un espectáculo inspirado no conto «The Crows of Pearlbossom», titulado «Merlos», a merliña Flori e Manolo non deixaron indirentes os asistentes.

Nos talleres de reciclaxe e cerámica, non solo foron seguidos polos mais pequenos, xa que un dos obradoiros, era a elaboración de un instrumento tradicional chamado «carriza» feito con materiais reciclados, e que a moitos non tan nenos, traíanlle algún que outro recordo e non dudaron en participar no obradoiro.

Unha nova degustación de Requixo con Mel ás 7 e ás 9 da noite clausurarase oficialmente a Feira.

 

También te puede interesar