A Xunta activou este mércores o protocolo contra a seca

Así o confirmou, este mércores,  o seu presidente. Feijóo salientou, ao remate do Consello do gobernó galego, que o consumo humán, seguido do animal, a cobertura dos mínimos ambientales e os usos productivos, serán a prioridade. Asi mesmo,  pediu aos galegos un consumo responsable xa que “agora mesmo a auga é, en Galicia un ben escaso” e, engadiu, é o momento de aplicar “as maiores dosis de responsabilidade para facer fronte a esta situación”.

Feijóo lembrou que “estamos rompendo marcas na falla de auga” e puxo coma exemplo o pasado mes de febreiro “o máis seco dende 1961”. O xefe do executivo apuntou que dende a primaveira e o verán de 2011 “vivimos unha situación moi preocupante” que agravouse no primeiro trimestre deste ano, o cal fixo que baixasen os caudasles das rías, os niveis de augas subterráneas e aparecesen problemas moi graves de sequía nas explotacións agrarias e gandeiras que, “causaron un aumento nos gastos de forraxe de máis do 25%”.

Por iso, garantiu o presidente, a Xunta axudará aos productores “cunha inxección de recursos e insistindo diante do Ministerio de Agricultura na necesidade de fixar “criterios xerais para un problema xeral que afecta, con especial intensidade á Cornisa Cantábrica”. Do mesmo xeito, logo de admitir unha fonda preocupación polo abastecemento, o presidente adiantou que o gobernó galego procederá a facer un control estricto e permanente dos encoros do país.

 

También te puede interesar