RGPD - Cookies
Galicia

Dimite Alfonso Hermida, presentador do Telexornal serán

Hermida deixa o seu cargo por “razóns profesionais”, segundo informa o Comité Interempresas da Compañía Radio Televisión de Galicia (RTVG), en Twitter. Nun comentario nesta rede social o xornalista acrarou que levaba matinando nesta decisión hai meses e qué por motivos profesionais e que só coincide no tempo co suceso do pasado venres. Aquel día Hermida saiu a falar cun grupo de afectados que entraron nas instalación da TVG en San Marcos e, logo, amosou o seu desacordo co tratamento informativo que a Televisión de Galicia deulle aos feitos.

O Comité Interempresas denunciara xa que Hermida fora “represaliado” logo de participar nunha representación do telexornal na rúa, no medio dunha xornada de protestas de traballadores da RTVG, xunto con outra compañeira, Ana Pérez. Naquel caso a dirección do canle negou tales feitos.

 

También te puede interesar