Galicia

90 feridos en 60 accidentes de tráfico esta fin de semán en Galicia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 90 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 30 de marzo, ata as 23:59 horas do domingo, 1 de abril. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 24 accidentes.

O 061 recibiu nestes días 71 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 90 persoas. A proporción de homes atendidos foi do 62% e o da mulleres do 38. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 32 % dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 29 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 67 accidentes, as ambulancias concertadas en dous casos, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete sinistros.

En 79 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco persoas foron trasladadas a un centro de Atención Primaria e outros 6 feridos foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar