Galicia

O BNG denuncia que o Goberno Rajoy deixa a Galicia sen 18 millóns para dependentes

O voceiro de servizos sociales do BNG no Parlamento de Galicia ven de denunciar que o proxecto de Presupostos Xerais do Estado para este ano deixa a Galicia sen 18 millóns de euros para personas dependentes. Segundo Manuel Parga, o  Gobierno suprimiu 283 millóns para dependencia que tiñan que ingresar as comunidades autónomas algo que, no caso galego, supón que a Xunta deixará de percibir 17,6 millóns que sí cobrou dacordo cos orzamentos de 2011.

“Isto vai provocar, no so que non se incorporen novos beneficiarios á atención á dependencia, se non recortar as prestacións dos servizos sociais ás personas que xa os teñen”, indicou Parga. De feito, dos 70.000 dependentes galegos, “máis de 27.000 seguen en listas de agarda e, con estos recortes este número vai medrar de xeito notable, advertiu o responsable nacionalista.

Manuel Parga cree que este “brutal recorte” amosa a total sintonía entre Feijóo e Rajoy para desmantelar os servizos sociais e as prestacións por dependencia demuestra, algo que, ao seu xuizo, queda demostrado  no feito de que o gobernó galego deixa sen subvencións para axuda no fogar a todos os concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes, coma recolle o Decerto 99/2012 de 16 de marzo.

O BNG estima que “preto de 100.000 personas, con diferentes necesidades de dependencia, notarán esta decisión” ao que, hai que engadir o feito de que 8.000 traballadores de servizos sociais ven o seu emprego en perigo.

 

También te puede interesar