RGPD - Cookies
Comarcas

Esquerda Unida denuncia que non empezaron as obras do Centro de Saúde de Panxón

Esquerda Unida lembra que a día de hoxe tiñan que estar empezadas as obras do Centro de Saúde de Panxón, non téndose noticias de cando empezarán, nin sequera cando se licitarán. Segundo EU, no acordo do pleno do concello de 29 de outono de 2008 polo que se establecíase un prazo de un ano para iniciar as obras e tres para rematalas. Dito prazo foi actualizado por acordo do pleno do Concello de Nigrán o día 30 de marzo de 2011, referíndose a dita data, polo que o 30 de marzo de 2012 tiñan que estar empezadas as obras de construción do Centro de Saúde.

Lembra Esquerda Unida que o SERGAS,  que no ano 2006 se licitou a redacción do proxecto básico e que xa solicitou a licenza para a súa construción 23 de outubro de 2010, pasando case 18 meses sen comezar as obras. “Consideramos que os sucesivos anuncios realizados polas diferentes conselleiras de Sanidade do inmediato comezo das obras son unha tomadura de pelo á cidadanía”, xa, que como denunciou Esquerda Unida, non van acompañados de dotación orzamentaria, polo que esixe que se liciten as obras dunha vez. Estes anuncios empezaron coa Conselleira de Sanidade do goberno PSOE-BNG e continuaron co goberno do PP.

Esquerda Unida oponse a licitación das obras que pretende facer o SERGAS, mediante a modalidade de concesión de obra pública, como se fixo co Novo Hospital de Vigo, por ser unha “dilapidación do diñeiro público ao ter a obra uns gastos financeiros moito maiores. Estes gastos poden chegar a un 18%, mentres que por construción directa non pasarían do 5%.” Este tipo de modalidade “tamén implicaría que o aparcamento subterráneo ou en superficie que o alcalde de Nigrán solicitoulle á Conselleira Dª Pilar Farjas para que se solucionen as carencias nesa materia que contén o actual proxecto de Centro de Saúde, sería de pago para a cidadanía, como vai a ocorrer no Novo Hospital de Vigo e como non ocorre no Centro de Saúde de A Xunqueira”. Tampouco neste caso a xestión do centro de saúde será 100% pública, “tal como se comprometeu a Conselleira Pilar Farjas en outubro de 2010”.

 

También te puede interesar