RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?'

Comisións Obreiras planta ‘cemiterios da Reforma Laboral’ en varias rotondas de Vigo

FOTO: JOSÉ MARÍA NAVLET/ O cemiterio da Reforma Laboral instalouse na rotonda da Grúa, na Rúa Coruña- Beiramar, preto de Barreras. Co mesmo, CCOO quere amosar que sen traballo non hai futuro. De onte a hoxe, levantaron o que se instalou na rotonda da saída da autovía en Navia.

Comisións Obreiras asegura que “seguirán aparecendo máis cemiterios porque a reforma mata os dereitos de todas as traballadoras e traballadores, acabando co estado de benestar e servizos públicos, dos que disfrutamos, froito da loita das obreiras e obreiros deste país”.

Nelas pódese ler, «Teresa, 28 anos;  Eva, 25 anos e ATS; Jesús, 22 aoos e abogado» xunto con outras profesións coma «publicista, fresador, mecánica ou fontanería», entre outros sectores afectados pola crise e as novas medidas impulsadas polo Gobierno Central.

 

 

También te puede interesar